9 de febreiro de 2012

Novidades de febreiro

NOVAs OBRAS desde Francia e gran bretaÑA

“Nalgún lugar en Afganistán ou noutro sitio calquera”, así sitúa o autor este relato que ten como protagonista unha muller oprimida pola relixión, o matrimonio e a sociedade. Nunha cidade tomada polos tanques, vive entregada ao coidado do seu home, un heroe da Guerra Santa en estado vexetal, que converte na súa sangué sabur, na súa pedra de paciencia, unha pedra máxica que escoita as mágoas de quen llas quere confiar…

Vai á ficha completa

 

 

O jazz é a música que sempre soa de fondo nas novelas e relatos de Francis Scott Fitzgerald. É o ritmo dos decadentes anos 1920, unha época que o autor definiu como a Era do Jazz. Nesta atmosfera móvense os heroes e as heroínas dos seus relatos, seres que destacan pola súa atractiva personalidade e por estaren absolutamente condenados. Son personaxes que, antes de apagarse para sempre, refulxen por un intre con grande intensidade…

Vai á ficha completa

Política de privacidade