J. M. Coetzee| Deshonra

Tradución do inglés de Moisés Barcia

272 páxinas

ISBN 978-84-936101-2-8

18,50 €

J. M. Coetzee (Cidade do Cabo, 1940) educouse en Sudáfrica e nos Estados Unidos. É profesor de literatura, tradutor, lingüista, crítico literario e un dos escritores máis importantes e premiados de Sudáfrica. En 1974 publicou a súa primeira novela, Terras de penum-bra. Coas dúas seguintes, No medio de ningures e Agardando polos bárba-ros, gañou o CNA, o premio máis prestixioso das letras sudafricanas. Foi o primeiro escritor que obtivo dúas veces o Booker Prize, por Vida e época de Michael K. e Des-honra.  En 2001, ao recibir o Pre-mio Reino de Redonda de mans de Javier Marías, elixiu o título de “Duque de Deshonra” en alusión a esta novela. O variado elenco de galardóns con que foi recoñe-cido acadou o seu cumio cando en 2003 lle foi concedido o Premio Nobel de Literatura. Dende 2006, en que obtivo a nacionalidade australiana, vive na cidade de Adelaide.

Tras ensinar durante anos poesía romántica na Universidade Técnica de Cidade do Cabo, David Lurie, de mediana ida-de e divorciado dúas veces, ten unha impulsiva aventura cunha alumna. A aventura agréase, denúnciano e é con-vocado ante unha comisión de investigación. Desexando admitir a súa culpa pero negándose a ceder ás presións para que mostre publicamente o seu arrepentimento, renuncia e vai visitar a súa filla na remota granxa en que vive.

A influencia de Lucy e os ritmos naturais da granxa pro-meten achegar harmonía á súa discordante vida. Pero o equilibrio de poder no país está cambiando, e el e a súa filla serán vítimas dun violento e perturbador ataque que fará cambalearse as súas conviccións.