Banana Yoshimoto| Kitchen
Tradución do xaponés de Mona Imai
110 páxinas
ISBN 978-84-936413-2-0
14 €
Banana Yoshimoto (Toquio, 1964) é unha das escritoras xaponesas máis relevantes dos últimos anos. Licenciada en literatura na Universidade de Nihon, debutou con esta obra escrita na súa época estudantil, que supuxo o descubrimento dunha autora de gran sensibilidade. Filla dun coñecido pensador e poeta, Banana Yoshimoto escribiu novelas, relatos e ensaios, caracterizados pola insólita sensibilidade e delicadeza con que aborda os temas do amor, a amizade, a soidade e a morte. Entre outros galardóns nacionais e internacionais obtivo os premios Kaien, Izumi Kyoka, Yamamoto Shugoro, Murasaki Shikibu, Newcomer Writers Prize, Premios Scanno, Premio Fendissime, etc.
Estrañamente, a cociña é o lugar onde Mikage se sente máis arroupada tras a morte da súa avoa, única persoa coa que vivía. Un día, un mozo veciño chama á súa porta e ofrécelle que vaia vivir con el e coa súa nai durante un tempo. Cando o mozo lle confesa que a súa nai non é realmente a súa nai, os dous inician unha profunda amizade.
Banana Yoshimoto narra unha historia do Xapón contemporáneo, cunha delicadeza que embeberá por completo o lector nesta obra, tanto na súa cara dramática como na beleza con que debuxa a amizade e o amor.
